Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conexión peninsular con Europa e África

A 'autoestrada do mar', con cabeceira en Vigo, operará antes dun ano

Nunha década alcanzará as 850 mil unidades de transporte intermodal, entra camións e semirremolques.

Redacción - 18:30 20/02/2009
Citroën pódese beneficiar do proxecto

Citroën pódese beneficiar do proxecto

A 'autoestrada do mar', a conexión peninsular con Europa e África que terá a súa cabeceira no Porto de Vigo, comezará a operar "antes dun ano", e alcanzará nunha década as 850 mil Unidades de Transporte Intermodal (UTI), entre camións e semirremolques.

Confirmouno este venres o presidente da Autoridade Portuaria, Xesús Paz, nun almorzo informativo en que estivo acompañado pola conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride. O acto protocolario asinarano en París o ministerio de Fomento español e o de Transportes francés de hoxe nunha semana.

O proxecto conta cun investimento de 30 millóns de euros e unirá o porto de Vigo con Algeciras (no sur peninsular) tres veces á semana, con Nantes (no sueste da Bretaña) catro veces á semana, e con Le Havre (no norte de Francia) tres veces á semana.

A Comisión Europea deberá validar a constitución da autoestrada entre dous estados membros (o francés e o español) e, posteriormente, o 23 de marzo, conformarase o consorcio encargado da súa explotación entre os portos implicados e a empresa Acciona Transmediterránea.

Paz recordou que a conexión con Nantes reforza a colaboración xa existente en materia de tráfico de vehículos, mentres que a conexión con Algeciras permite recoller tráficos das Illas Canarias e do Magreb, e a unión con Le Havre supón a entrada nos tráficos do Báltico. Caride, pola súa banda, salientou que complementará a actividade de Citroën.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: