Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
en 2008

A cultura dos transxénicos no mundo aumentou un 9,4% nun só ano

Só en 2008, 13,3 millóns de agricultores de 25 países distintos plantaron 125 millóns de hectáreas de organismos xeneticamente modificados (OXM).

Redacción - 11:17 15/02/2009
En Galiza cultívase, sobre todo, millo transxénico

En Galiza cultívase, sobre todo, millo transxénico

No ano pasado, 13,3 millóns de agricultores, en 25 países distintos, plantaron 125 millóns de hectáreas de organismos modificados xeneticamente (OMX), o que significa un aumento de 9,4% en relación a 2007, segundo informou esta semana a Isaaa (International Service for the Acquisition of Agri-biotech Applications), un organismo pola implantación dos transxénicos.

Nun só ano, a superficie nas que se cultivaron transxénicos aumentou en 10,7 millóns de hectáreas, ao tempo que 1,3 millóns de agricultores se "converteron" aos transxénicos.

Os EUA seguen á fronte desta carreira, con 62,5 millóns de hectáreas cultivadas, mais seguidos de perto por Arxentina (21 millóns), Brasil (15,8 millóns), India e Canadá (ámbolos dous países con 7,6 millóns cada un) e a China (3,8 millóns). Ademais, en 2008 tres novos países comezaron a plantar OXM: Exipto -con millo-, Burkina Faso -algodón- e Bolivia -soia-.

O Estado Español, apoiando o cultivo de transxénicos na UE
É para ter en conta que dos 25 países do mundo que están abertos a este tipo de cultivos, 15 son países en vías de desenvolvemento, segundo a Isaaa.

"Aínda que Francia non teña autorizado o cultivo de plantas biotecnolóxicas en 2008, outros sete países da Unión Europea han aumentar as súas superficies un 21% para totalizar unha superficie global de 100 mil hectáreas", acrecenta a Isaaa. Estes países son Portugal, a República Checa, Romania, Alemaña, Polonia, Eslovaquia e, de xeito moi destacado, o Estado Español.

O organismo prevé que se cultiven 1,6 mil millóns de hectáreas até 2015, plantando 200 millóns de hectáreas de OXM cada ano en 40 países.

O relatorio foi financiado por unha unidade filantrópica do banco español Ibercaja e pola fundación italiana Bussolera-Branca, que promove a comunicación sobre os OXM.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: