Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
Última sondaxe

O PP mantén prognóstico de fortaleza, a PSOE e BNG sáelles a suma

De 33 a 38 o PP, no abano de 24 a 27 o PSOE e entre 11 e 16 o BNG, móvese a media das sondaxes publicadas até o de agora.

Redacción - 09:36 12/02/2009


O 44% dos votos e un abano de escanos de entre 34 e 36. Ese é o prognóstico da sondaxe de Opina, para a Cadena Ser, ao respecto dos resultados da que será a forza máis votada o próximo 1 de marzo, o Partido Popular. Atrás del, socialistas e nacionalistas revalidarían a suma que lles outorgou hai case catro anos a posibilidade de asinaren un pacto de goberno. Así, o PSOE moveríase entre 25 e 25 deputados (34% dos votos) e o BNG chimparía un representante, quedando en 14 (18% dos votos).

Por outro lado, a nota dos principais líderes queda en todos os casos por baixo do aprobado, sendo o socialista Emilio Pérez Touriño o que suspende pola mínima, cun 4,9 sobre 10. Alberto Núñez Feijoo recibe dos cidadáns consultados unha media do 4,5 e Anxo Quintana un 4,6. Só un 14% dos cidadáns prognostica que o popular Núñez Feijoo será o próximo presidente da Xunta, fronte a un 61% que considera que repetirá o socialista Pérez Touriño.


12 de febreiro

Instituto Opina (para a Cadena Ser)
PP: 34-36
PSOE: 25-27
BNG: 14


9 de febreiro
Obradoiro/Indaga (Para El Ideal)
PP: 35
PSOE: 26
BNG: 14

8 de febreiro
Quadernas Consultoría (Para Xornal)
PP: 34-35
PSOE: 24-25
BNG: 16

2 de febreiro
Obradoiro de Socioloxía (para Público)
PP: 35-36 escanos
PSdeG: 25-26
BNG: 14



1 de febreiro

Infortécnica (para La Región)
PP: 37-38 deputados
PSdeG: 25-26
BNG: 11-13

25 de xaneiro
Sondaxe (para La Voz de Galicia)
PP: 35 escanos
PSdeG: 26
BNG: 16

22 de xaneiro
TNS/Demoscopia (para Antena 3 e Onda Cero)
PP: 35-36 escanos (41,2%)
PSdeG-PSOE: 26-27 (34,1%)
BNG: 13 (19,4%)
Outros: 0 (4,5%)
Participación: 63%


Líderes (nota sobre 10):
Alberto Núñez Feijoo: 5,2
Emilio Pérez Touriño: 5,3
Anxo Quintana: 4,6

19 de xaneiro
NC Report (Para La Razón)
PP: 35-37
PSOE: 24-25
BNG: 13-15


18 de xaneiro
Quadernas Consultoría (Para Xornal)
PP: 33-34
PSOE: 25-26
BNG: 16


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: