Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Crise e xenofobia

"Traballo británico para os traballadores británicos"

Continúan as folgas en refinarías inglesas en protesta pola contratación de 400 traballadores portugueses e italianos no sector enerxético.

Redacción - 13:25 03/02/2009

"Traballo británico para os traballadores británicos". Este é o lema que preside as concentracións de traballadores que levan na rúa dende hai xa case unha semana. Gran Bretaña afronta unha folga á que se suman cada día máis traballadores e que se estende polo país acadando cada vez caracteres máis xenófobos. O detonante foi a decisión da petroleira Total de contratar uns 400 traballadores portugueses e italianos para a ampliación dunha planta de desulfurización.

Prepárase unha folga nacional
A partir dese momento iniciáronse as concentracións, ás que se sumaron nos pasados días máis traballadores, os últimos foron 1.200 das centrais nucleares de Sellafield e Heysham, no noroeste de Inglaterra. Até o de agora houbo asembleas e paros parciais de solidariedade en diversas empresas, mais o verdadeiro alcance do movemento verase nos vindeiros días, cando está previsto que os sindicatos concreten unha xornada de protesta perante o Parlamento e mesmo non se descarta unha folga nacional.

De momento, os empregados de varias plantas enerxéticas xa saíron á rúa para reclamar ao goberno laborista a adopción de medidas proteccionistas que deteñan as contratacións de estranxeiros. Nun momento de importante crise, inmersos nun período económico de recesión e cun desemprego que acada o 6,1% da poboación activa, os manifestantes recordáronlle a Gordon Brown os seus compromisos electorais. O propio Primeiro Ministro asegurara explicitamente ao asumir o cargo en xuño de 2007 que velaría polos traballos dos británicos.

Pechar as fronteiras, máis paro
Da súa banda, a Comisión Europea dixo este martes que malia que "comprende" os temores dos traballadores británicos, manifestarse contra os obreiros doutros estados europeos "non é a resposta axeitada". O portavoz do executivo comunitario, Johannes Laitenberger, subliñou que "o peche de fronteiras dentro da UE provocaría aínda máis paro". Así, recordou que "o mercado interior, pola súa apertura, crea máis emprego" e "entrar nunha espiral de proteccionismo poría en risco moitos postos de traballo en Europa e tamén no Reino Unido".

Así recollen a noticia algúns xornais ingleses, portugueses e italianos:


3,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: