Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Dos 217.000 m2 previstos para a instalación, máis de 175.000 non se venderán á patronal

Novo golpe ao plano acuícola: admitido o contencioso pola piscifactoría de Camelle

Os compañeiros e compañeiras da Asociación de Veciños “A Pergoliña” de Camelle, veñen de confirmarnos que o TSXG (Tribunal Superior de Xustiza de Galiza) admitíu a trámite o recurso contencioso-administrativo contra a Consellería de Pesca, pola instalación dunha macropiscifatoría de 217.000 m2 a carón da vila, unha das meirandes que contempla o nefasto Plano Acuícola.

ADEGA - 18:21 01/02/2009
Tags:

Este novo golpe xudicial ao Plano Acuícola, aprobado o pasado ano polo Consello da Xunta, únese aos contenciosos interpostos nas vilas de Ribeira (piscifatoría da Laxe Brava), Carnota (piscifatoría de Quilmas) e Muxía (piscifatoría de Merexo), e á recente desestimación da demanda interposta por Acuinor contra ADEGA pola paralización da piscifatoría de Rinlo (Ribadeo).

Os veciños e veciñas de Camelle quixeron tamén amosar o seu compromiso coa defensa do seu patrimonio natural fronte á desfeita do cemento e as lonas negras, subscribindo un documento polo que se comprometen a non vender os terreos nos que está previsto ubicar a macrogranxa. Deste xeito, dos 217.000 m2 que ocuparía a instalación, preto do 81% (175.692 m2), non se venderán á patronal do peixe plano, polo que a Sra. Carme Gallego terá que expropiárllelos áos veciños/as para cederllos aos seus amigos os rodaballistas… se se atreve. Faise efectivo portanto, o berro tantas veces expresado fronte aos despachos administrativos: que CAMELLE NON SE VENDE.

Dende ADEGA, queremos transmitir os nosos parabéns á veciñanza de Camelle polo seu traballo e exemplar compromiso coa terra, e achegarlles unha mensaxe de ánimo e apoio: con intelixencia e firmeza, o Plano Acuícola non pasará!


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: