Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Fin de semana preelectoral

"Improvisaron e contraprogramáronse", repróchalles Feijoo a PSOE e BNG

O líder do PPdeG cualifica de "cúmulo de despropósitos" a última lexislatura en Galiza .

Redacción - 09:00 26/01/2009

"Padecemos máis a crise económica e tamén a crise política", analizou Alberto Núñez Feijoo durante a súa intervención este domingo en Madrid nun foro do PP. O líder do PPdeG defendeu que o proxecto deseñado polo seu partido para Galiza conseguirá para a sociedade "todo aquilo do que careceu os últimos catro anos".

Na súa opinión, o PPdeG conta cunha estratexia definida, cun equipo preparado "e cunha dirección marcada". "Unha nova xeración de políticos que non queren afondar máis no continuismo e que queren ilusionar e xestionar", sostivo Núñez Feijoo, para quen nos últimos catro anos non transcendeu "nin unha soa iniciativa positiva" do actual Goberno, a quen acusou ademais de "permanecer negando a crise e os seus efectos".

Feijoo foi especialmente crítico co pacto de goberno de socialistas e nacionalistas, dos que avaliou que "non só improvisaron, senón que improvisaron por separado, descoordinados, contradicíndose, contraprogramándose, e iso sí, coincidindo nunha soa cousa: os nefastos resultados da súa pésima xestión". Ao fío, dixo estar seguro de que o PpdeG mudará a tendencia das actuais enquisas públicas. Na opinión de Feijoo, os datos que se coñecen estes días "son mellores que os de hai catro anos, e daquela quedamos a só un escano da maioría absoluta". "O PPdeG está a traballar para gañarlles a PSOE e BNG, para gañar as enquisas", afirmou.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: