Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Referendo constitucional, este domingo

Bolivia decide o seu futuro nas urnas

Os partidarios do 'si' confían en refundar o país social, política e economicamente; os do 'non', temen perder décadas de privilexios.

Redacción - 11:05 25/01/2009
Os indíxenas apoian o 'si'

Os indíxenas apoian o 'si'

Perto de catro millóns de bolivianos deciden este domingo nas urnas (a partir das 8.00 horas, ás 13.00 en Galiza) se aproban ou rexeitan o proxecto da nova Constitución impulsado polo goberno de Evo Morales e amparada polos movementos populares, campesiños e indíxenas.
 
As organizacións sociais e os partidarios do Movemento ao Socialismo (MAS) de Morales pretender refundar Bolivia social, política e economicamente, realizando transformacións profundas que aseguren igualdade, dereitos humanos e acceso aos servizos básicos á toda a poboación.

Os principais opositores, dirixentes da chamada Media Lúa ampliada (departamentos de Santa Cruz, Beni, Pando, Tarija e Chuquisaca), secundados por empresarios, latifundistas e a maioría de cidadáns destas rexións ricas, consideran que a nova Constitución promove o totalitarismo e a división do país, e estabelece a supremacía indíxena.

Control dos recursos naturais
Neste senso, a cuestión máis polémica reside na xestión e reparto dos beneficios dos recursos naturais (petróleo, gas) presentes nesta rexión oriental, que os departamentos autónomos queren seguir mantendo. O proxecto de Carta Magna propón acabar con eses privilexios.

O artigo 124 I afirma: "Comete delito de traizón á patria a boliviana ou o boliviano que incorra nos seguintes feitos: 1. Que tome armas contra o seu país, se poña ao servizo de estados estranxeiros participantes, ou entre en complicidade co inimigo, en caso de guerra internacional contra Bolivia. 2. Que viole o réxime constitucional de recursos naturais. 3. Que atente contra a unidade do país".

Evo Morales aseverou ante os observadores internacionais presentes no país que o goberno acatará a vontade popular. Segundo as enquisas realizadas sobre o referendo, o apoio ao 'si' podería alcanzar o 65%, mentres que a opción do 'non' conseguiría arredor do 30%.


Ligazóns

5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: