Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
6 DE FEBREIRO, en Vigo

Homenaxe nacional a Méndez Ferrín

Ese día presentarase tamén o libro 'A semente da nación soñada. Homenaxe a X.L. Méndez Ferrín'.

Redacción - 09:35 25/01/2009

O 6 de febreiro celebrarase o Acto de Homenaxe Nacional a Xosé Luís Méndez Ferrín, con motivo do seu setenta cumpreanos. Será durante unha cea no Pazo Os Escudos (Alcabre-Vigo), que comezará ás dez da noite e que terá un prezo de 35 euros. A Comisión de Homenaxe leva semanas preparando o evento, ao que se prevé que asistirá a meirande parte dos principais representantes da cultura galega.

Previamente, ás oito da tarde, presentarase no Auditorio do Centro Social Caixanova o libro A semente da nación soñada. Homenaxe a X.L. Méndez Ferrín, editado por Sotelo Blanco e Xerais.

"Temos unha literatura de resistencia, que se autoabastece, coma os bos guerrilleiros"
(Entrevista de Méndez Ferrín con Vieiros, 30 de maio de 2008)


4,36/5 (33 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: