Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VULNERACIÓN DE DEREITOS

O director da CIA afirma que a asfixia simulada “funciona ben” nos interrogatorios

Michael Hayden asegurou que empregaron estas prácticas foron “por obriga, e co mellor asesoramento legal”.

Redacción - 11:50 16/01/2009
Tags: CIA torturas
O director da CIA, Michael Hayden, xunto co presidente saínte dos EUA, George Bush

O director da CIA, Michael Hayden, xunto co presidente saínte dos EUA, George Bush

O director dos servizos de intelixencia de EUA, Michael Hayden, afirmou que as prácticas de asfixia simulada con presos “funcionaron ben” á hora de obter información. Lonxe de mostrar sentimento de culpa por empregar métodos de tortura, o máximo responsábel da CIA sinalou que estas prácticas foron “por obriga, e co mellor asesoramento legal”.

Hayden, seguindo a máxima de que a fin xustifica os medios, asegurou que se ten conseguido a “máxima información” grazas a esta tortura. Non semella estar tan convencido do mesmo o vindeiro fiscal xeral, Eric Holder. A este respecto afirmou que a práctica é un tipo de “tortura” e criticou que fose amparada durante anos pola Administración Bush.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: