Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
INTERNACIONALIZACIÓN

A música galega, á conquista de Cataluña

Bandas galegas actuarán en nove salas do país, despois do acordo entre a Rede Galega de Música ao Vivo e o seu equivalente catalán.

Redacción - 09:00 14/01/2009

A Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) esténdese este ano a Cataluña grazas ao acordo establecido entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Institut Catalá de les Indústries Culturals (ICIC) para a programación de música galega en nove salas pertencentes á Associació de Sales de Concerts de Catalunya (ASACC): Monasterio, Sidecar e Apolo 2 de Barcelona, Café del Teatre de Lleida, Lo Submarino de Rasquera, La Mirona de Salt, El Clap de Mataró, Salamandra de L’Hospitalet, El Sielu de Manrresa e Factoría d’Arts de Terrasa.

Os responsábeis dos devanditos espazos ultiman nestes momentos o calendario de actuacións deste primeiro circuíto RGMV-Catalunya, que se desenvolverá de febreiro a maio e de setembro a novembro deste ano, seleccionando os grupos participantes de entre os máis de 170 inscritos.

Con esta iniciativa, a AGADIC dá un paso máis na promoción exterior da música galega trala positiva experiencia que significou o intercambio entre a Rede Galega de Música ao Vivo e o circuíto portugués OuTonalidades no último trimestre do pasado ano. Ambos programas enmárcanse nunha máis ampla liña de traballo na que se sitúa igualmente o apoio institucional á participación do sector musical galego en feiras internacionais como Womex ou Midem.


4,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: