Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Polémico privilexio fiscal

Ilegais e custosas, advirten os inspectores de Facenda sobre as rebaixas para banqueiros

Un "tremendo" custo fiscal para os petos públicos e unha discutíbel legalidade, analizan sobre os buratos que o goberno español deixa en favor dos directivos da banca.

Redacción - 13:00 19/12/2008
Flickr: Esparta

Flickr: Esparta

A Organización de Inspectores de Facenda do Estado acaba de reaccionar con belixerancia fronte ás últimas decisións do Ministerio de Economía e Facenda en favor dos banqueiros. Avalían os representantes dos inspectores que se vai dar o paradoxo de que o ministerio lles obrigue a aplicar un regulamento que semella "descaradamente ilegal".

Trátase do instrumento aprobado polo departamento xestionado polo ministro Pedro Solbes que rebaixa a tributación de directivos e socios das entidades financeiras cando obteñen rendementos de capital mobiliario das súas propias entidades. Recordan ao respecto que en teoría a lexislación actual non autoriza a modificación dunha norma con rango de lei, como é o caso do IRPF, modificando un regulamento de menor entidade. A plataforma que agrupa os inspectores considera "vergonzoso" que se introducise ese furado fiscal pola porta de atrás e tratando de evitar o debate público.

Paradoxalmente, o caso das entidades financeiras é o único para o que se fixa unha modificación deste tipo. Así por exemplo, na práctica, o propietario dunha pequena ou mediana empresa que dea un préstamo para a súa propia empresa, deberá tributar ao tipo marxinal, que no seu caso pode chegar até o 43%. Pola contra, a modificación introducida polo ministerio permítelle ao directivos banqueiros beneficiárense do tipo reducido do 18%.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: