Xosé Manuel Balseiro asegura que os fallos rexistrados "recordan en exceso o naufraxio do Cordero".
O deputado do PPdeG Xosé Manuel Balseiro cualificou de "inconcebíbel" que a revisión do helicóptero Helimer Galicia, con base no aeroporto coruñés de Alvedro, non tivese sido prevista para substituír a aeronave habitual por outro helicóptero diferente. Unha "imprevisión" que segundo Balseiro obrigou a trasladar á Coruña ao helicópero Pesca II, con base en Celeiro, "alongando en exceso o tempo de resposta ante calquera incidencia que pudiera producirse na nosta norte de Galiza, como desgraciadamente sucedeu".
Por este motivo, Balseiro pediu este luns a raíz do afundimento do Rosamar que Xunta e goberno español dean "explicacións inmediatas" polo atraso na activación do operativo de salvamento e a ausencia dos medios aéreos habituais na costa do país. Uns erros que na súa opinión "recordan en exceso os fallos rexistrados cando naufragou o Cordero", en xaneiro pasado. Balseiro acusa as administracións de daren até o de agora "argumentos máis propios de gobernos bananeiros".