Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
envían varios comunicados para freala

O discurso do representante de ERC no Congreso español contra a monarquía crea polémica

Joan Tardà terminou un acto organizado pola mocidade do seu partido contra a Constitución española ao berro de "Viva a República! Morte ao Borbón!".

Redacción - 19:40 07/12/2008
Joan Tardà

Joan Tardà

O grito de "Viva a República! Morte ao Borbón!" co que Joan Tardà -representante de ERC no Congreso, en Madrid- terminou o seu discurso no acto simbólico das JERC (a mocidade de Esquerra Republicana de Cataluña) contra a Constitución española creou polémica entre os distintos grupos políticos do Estado.

Segundo aclarou nun comunicado ERC, tratábase dunha alusión a unha frase histórica do século XVIII, en contra de Felipe V, mais foi "malinterpretada", segundo din, por algúns políticos e medios de comunicación. José Bono, o presidente do Congreso español foi un dos primeiros en reaccionar ás palabras do político catalán, sinalando que agardaba que este as corrixise, xa que non debía "faltarlle ao respecto ao xefe do Estado". O presidente do Senado español, Javier Rojo, tamén criticou as palabras de Tardà, e o secretario xeral do grupo do PP no Congreso, José Luis Ayllón mesmo o instou a deixar o seu escano. O líder do grupo popular do Concello de Barcelona, Alberto Fernández Díaz chegaba aínda máis lonxe, exixíndolle á Fiscalía que interviñese.

Tardà explicou na tarde do domingo, mediante un comunicado propio, que quería criticar a institución da monarquía e non lle desexaba a morte a ninguén O político tamén sinalou que as súas palabras foran sacadas de contexto.


4,94/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Cartaz da campaña das xuventudes de Esquerra contra a Constitución (clique para ampliar)
Cartaz da campaña das xuventudes de Esquerra contra a Constitución (clique para ampliar)
Imaxes do acto de protesta das JERC
Imaxes do acto de protesta das JERC
Pintadas relacionadas coa última campaña das JERC
Pintadas relacionadas coa última campaña das JERC