Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POR UNANIMIDADE

O Parlamento aproba unha reforma para salvar as casas afectadas pola Lei de Costas

PSOE, BNG e PP votaron a prol de incluír unha disposición adicional na Lei do Solo que permitirá aos núcleos rurais da costa ser cualificados como solo urbano.

Redacción - 19:30 05/12/2008

Limitar a superficie afectada polos deslindes da Lei de Costas. Este é o obxectivo da decisión que este venres se tomou por unanimidade no Parlamento. Os tres grupos con representación, PSOE, BNG e PP aprobaron incluír unha disposición adicional na Lei do Solo que recoñecerá aos núcleos rurais tradicionais da costa como solo urbano, é dicir, quedarían legalizados a efectos da Lei de Costas. Esta emenda outorga á Xunta a capacidade de decidir que núcleos costeiros son considerados solo urbano, de acordo coas súas características en 1988 (cando entrou en vigor a Lei de Costas). A diferenza estriba en que esta última lei estabelece unha franxa de protección de dominio público de 100 metros, mentres que, ao considerarse solo urbano, a zona de servidume redúcese a 20 metros.

Esta cuestión obedece á polémica xerada polos deslindes que está a realizar o Ministerio de Medio Ambiente e que ameazan a milleiros de vivendas. Dunha banda, estase a delimitar con exactitude o dominio público marítimo terrestre pero, doutra, moitas vivendas tradicionais do litoral pasarían a ser de titularidade estatal. Así sucede, por exemplo, en Marín (Pontevedra), onde diferentes núcleos de poboación tradicionais son considerados non urbanizábeis (Loira, Aguete, A Teoira, Casás e Mogor).

Problema competencial
A cuestión das competencias é outro dos temas subxacentes nesta decisión. A voceira do BNG en materia de vivenda, Carme da Silva, explica que a Lei do Solo de Galiza "permitirá consolidar as nosas competencias" nesta materia xa que "é Galiza quen determina a realidade urbanística preexistente" (no momento de entrada en vigor da Lei de Costas). Ademais, recorda que ten "competencias exclusivas e excluíntes" neste eido.


Ligazóns

3,8/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: