Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Afunden as bolsas

Confirman a recesión nos EUA

A Oficina Nacional de Análise Económico fai público un informe no que expón que a economía estadounidense leva afrouxando desde hai un ano e considera confirmado o escenario de "recesión".

Redacción - 09:00 02/12/2008

"Unha caída significativa na actividade económica en varios sectores, que se prolonga a través de varios meses e que é visíbel na produción, o emprego, os ingresos reais e diversos indicadores adicionais". Na aplicación básica destes criterios, o informe económico achegado este luns pola Oficina Nacional de Análise Económico (NBER), cualifica xa de "recesión" o contexto económico actual nos Estados Unidos.

Este prestixioso grupo independente de expertos advirte así do escenario mesmo antes de que se confirmen os dous trimestres sucesivos de contracción no crecemento da economía, o que formalmente é en teoría a definición da aparición dunha "recesión" económica. Segundo explican, o negativo contexto xorde xa hai un ano, en decembro de 2007, e acumula entre os seus datos máis negativos a destrución de até 1,2 millóns de empregos nos EUA.

A situación implica que o goberno Bush acumula un dos máis breves períodos de crecemento na historia daquel país e a única presidencia, agás o treito Nixon, onde o motor económico planetario sufriu de dous períodos de recesión. As bolsas foron o luns sensíbeis a este contexto, reflectindo ao peche unha caída de até 0 7,7% o Índice Dow Jones, e un 9% o índice Nasdaq. O presidente da Reserva Federal estadounidense, Ben Bernanke, saíu tamén ao paso avanzando probábeis novas rebaixas no prezo dos cartos, malia que xa está no 1%.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: