Ás 11:45 da noite deste domingo 23 de novembro o Consejo Nacional Electoral (CNE) emitiu o primeiro boletín cos resultados das eleicións rexionais 2008, xornada que tivo a màis alta participación dos derradeiros 10 anos cun 65,45%, o que representa "a maior participación que tivemos nunha elección rexional e local. Ao pobo de Venezuela, moitísimas grazas, parabens!", salientou a presidenta do CNE, Tibisay Lucena.
Porén o partido no Goberno, Partido Socialista Unico de Venezuela (PSUV), perdeu a posibilidade de gañar no estado Zulia (Maracaibo) e perdeu os goberno do estado Miranda (los Teques) (que abrangue unha importante área da zona metropolitana de Caracas), Carabobo (Valencia) e a Alcaldía Mayor de Caracas.
PSUV impúxose en Anzoátegui, Barinas, Bolívar, Yaracuy, Cojedes, Falcón, Guárico, Lara, Mérida, Monagas, Portuguesa, Trujillo, Vargas e Sucre, así como no municipio Libertador de Caracas.
Despois de felicitar a todas as eleitoras e eleitores Lucena ratificou o carácter irreversíbel dos resultados que se presentarán a seguir:
Estado Anzoátegui
Tarek William Saab 55.06%
Gustavo Marcano 40.50%
Estado Apure
Jesús Aguilarte 56.48%
Miriam de Montilla 26.54%
Estado Aragua
Rafael Isea 58.56%
Henry Rosales 40.17%
Estado Barinas
Adán Chávez 49.63%
Julio Cesar Reyes 44.58%
Estado Bolívar
Francisco Rangel 46.97%
Andrés Velásquez 30.47%
Estado Falcón
Stella Lugo: 55.27 %
Gregorio Graterol: 44.49%
Estado Guárico
Willian Lara 52.08%
Lenny Manuitt 33.68%
Estado Lara:
Henry Falcón: 73,15%
Pedro Alcántara: 14,85%
Estado Mérida
Marcos Díaz 54.62%
Williams Dávila 45.11%
Estado Miranda
Henrique Capriles Radonsky 52.56 %
Diosdado Cabello 36.74%
Estado Monagas
José Briceño 64.79%
Domingo Urbina 15.41 %
Estado Nueva Esparta
Morel Rodríguez: 57,64
William Fariñas: 41,69%
Estado Portuguesa
Wilmar Castro Soteldo 57%
Jóvito Villegas 27.28%
Estado Trujillo
Hugo Cesar Cabezas 59.47%
Henrique Catalán 27%
Estado Sucre
Enrique Maestre 56.08%
Eduardo Morales 42.62%
Estado Vargas
Jorge García Carneiro 61.56%
Roberto Smith 32.18%
Estado Yaracuy:
Julio César León Heredia: 57,46%
Filipo Lappi: 29,26%
Estado Zulia
Pablo Pérez 53.59%
Gian Carlo Di Martino 45.02%
Distrito Capital
Antonio Ledezma 52.45%
Aristóbulo Istúriz 44.92%
Municipio Libertador - Caracas
Jorge Rodríguez 53.05%
Iván Stalin González 41.92%
Resultados en Táchira
Horas máis tarde, a Junta Regional Electoral del Táchira informou que nesa entidade gañou o candidato opositor César Pérez Vivas con 49,54% mentres que Leonardo Salcedo, do PSUV, obtivo 48%.
Resultados en Carabobo
A seguir, a Junta Regional Electoral del estado Carabobo informou que nesa entidade gañou o candidato opositor Henrique Fernando Salas Feo con 47.77% mentres que Mario Silva, do PSUV, obtivo 44,25%.
Após a leitura deste primeiro comunicado, medios de comunicación e partidos políticos xa poden emitir os resultados das súas enquisas. A reitora concluíu dicindo que foi "Venezuela quen gañou" e que o CNE séntese "satisfeito por ter cumprido unha vez mailo labor electoral e constitucional".
Este domingo 23 de novembro, 16 millóns 887 mil 734 cidadáns elixiron en todo o país ás súas autoridades rexionais e municipais. 603 cargos: 22 gobernacións de estado, 326 concellos, 1 concello metropolitano, 1 concello distrital, 233 lexisladores aos consellos lexislativos estadais (parlametos rexionais), 13 concellarías metropolitanas, e 7 concellarías polo Distrito del Alto Apure.