Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'CUADERNO DE TORMENTAS'

Chega ás librarías o novo álbum de David Rubín

Planeta edita o libro, prologado por Max, e que sucede ao exitoso 'La Tetería del Oso Malayo'.

Redacción - 18:30 20/11/2008

Entrevista con David Rubín (17 de setembro)

Cuaderno de Tormentas
está editado por Planeta de Agostini Comics, nunha excelente edición de 112 páxinas a cor e en tapa dura, prologada ademais por Max, un dos máis prestixiosos autores de banda deseñada do Estado. Trátase dunha metáfora sobre a procura da inspiración, sobre o difícil camiño da creación, sobre o perigoso que pode ser a dependencia das musas á hora de atopar historias que contar.

O propio Rubín define o libro como a súa obra "máis persoal e difícil até o momento, e quizais a máis críptica -aínda que traballei moito en que, malia ao cripticismo que a primera vista poida mostrar, a lectura do cómic sexa fluída e se entenda sen problema ningún por calquera tipo de lector, iniciado ou non". E Rubín conclúe que "síntome agora moito máis forte e preparado para contar calquiera outro tipo de historias, para retomar proxectos ou enfrontar outros novos igual ou máis arriscados".

David Rubín desprazarase nos vindeiros días a México para ofrecer un obradoiro sobre a creación artística; ademáis será ponente na conferencia Abriendo la senda. Otras formas de escritura o venres 28 de novembro, xunto co poeta Gonzalo Escarpa e Vicente Luis Mora, director do Instituto Cervantes de Albuquerque. Nas vindeiras semanas, ademais, publicará unhs adaptación de Romeo e Xulieta, a partir dun guión de Ricardo Gómez, na coleción de Clásicos en Cómic de SM.

David Rubín
Cofundador do colectivo Polaqia en 2001. Ademais de publicar en numerosas revistas, como BD Banda, Barsowia, Golfiño, Tos, Huevo, El fanzine enfermo, Humo, Interzona ou Ex Abrupto, editou xa dúas novelas gráficas: El circo del desaliento (Astiberri 2005) e La tetería del Oso Malayo (Astiberri 2006), tamén artellado arredor de varias historias curtas xunto a unha extensa. Gañou o Premio Josep Toutain ao Mellor Autor Novel no Salón Internacional do Cómic de Barcelona 2007 por La tetería del Oso Malayo. Este mesmo título valeulle ademais o premio da crítica española á mellor obra nacional de 2006 e mais ser finalista no Premio Nacional de Cómic concedido en 2007.


5/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: