Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cataluña

As doazóns a entidades que fomenten o catalán poderanse deducir do IRPF

A Generalitat permitirá que os cidadáns desgraven até un 15% do tramo autonómico.

Redacción - 20:30 13/11/2008

A Lei de Medidas Fiscais e Financeiras, que acompaña os Orzamentos da goberno de Cataluña para 2009, achega a posibilidade de desgravar do IRPF as axudas que se fagan ao Instituto de Estudos Cataláns (IEC) ou a outras entidades dedicadas ao fomento da lingua dese país.

Mediante esta lei, que acaba de pasar o seu primeiro trámite parlamentario, os cataláns que colaboren con estas entidades poderán desgravar do tramo autonómico do IRPF até un 15% das doazóns que fagan para axudar ao fomento do catalán, como xa se fai coas cantidades que se achegan a outros organismos sen ánimo de lucro.

'Embaixadas'
Esta norma prevé que delegacións da Generalitat no exterior gocen de autonomía económica e financeira. É dicir, terán o seu propio orzamento independente do departamento que as creou, a Vicepresidencia, que dirixe Josep Lluís Carod-Rovira (ERC). Na actualidade, Cataluña conta con tres (Berlín, Londres e París), mais prevé a creación nesta lexislatura doutras catro (Nova York, México, Bos Aires e Beixín).


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: