Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Despois da vitoria Obama

"A Igrexa xa está preparada para un papa negro"

O arcebispo de Atlanta, a primeira persoa de orixe africana en ser elixida presidente da Conferencia Episcopal dos EUA, acolleu a vitoria do demócrata con entusiasmo.

Redacción - 12:35 07/11/2008
O arcebispo de Atlanta, Wilton Gregory

O arcebispo de Atlanta, Wilton Gregory

A elección de Barack Obama como novo presidente dos EUA comeza a producir estraños efectos noutros eidos. "A Igrexa está preparada para elixir un Papa de color", afirmou esta quinta feira ao xornal La Stampa o arcebispo de Atlanta, Wilton Gregory.

Igual que Obama pasou xa á historia como o primeiro presidente de orixe africana dos EUA, Gregory fixo o propio, mais na Conferencia Episcopal norteamericana, cargo que ocupou en 2001 e 2004. Para o arcebispo, a vitoria de Obama é "un gran paso para a humanidade" e o signo que de "nos EUA o tema de raza e o problema da discriminación xa foron superados".

Segundo o arcebispo norteamericano, "a Igrexa tamén deu chimpos cara adiante impresionantes. Creo que no Vaticano, os últimos pontificados desenvolveron un traballo excelente para transformar a Curia nunha realidade internacional e cosmopolita, levando a Roma a membros dun amplo espectro de razas e nacións". Por esta razón, Gregory xa ve posíbel que no vindeiro conclave os cardeais elixan un Papa negro, tamén porque "hai tempo que na Igrexa hai unha nova mentalidade, xa non centrada en occidente, senón mundial". Para o arcebispo é claro que se Obama é na Casa Branca "como o primeiro home que pisou a lúa, pode acontecer o mesmo coa casa de Pedro"; porén, a este relixioso esqueceulle dicir se a Igrexa está xa preparada (non coma os EUA, que xa demostraron que non o están), para ter a unha muller ocupando o seu cargo máximo, o de Papa.


4,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: