vertedura
A contaminación fluvial do río Miño non é un feito illado nas augas galegas, senón que ao longo do ano recíbense varias denuncias realizadas por particulares no gabinete xurídico de Amigos da Terra. Denuncias que versan sobre a presenza de todo tipo de verquidos aos ríos.
Foi por medio dun cidadán que se achegou ao servizo xurídico gratuíto da asociación ecoloxista Amigos da Terra para denunciar o verquido de augas residuais no Rio Miño na cidade de Ourense ao carón da Ponte do Milenium que se producían onte pola tarde e na que corrían as augas do río Miño contaminadas por un regueiro de augas residuais. Este verquidos véñense producindo de xeito continuado ao longo de todo o ano, xa que non é a primeira vez que ocorren estes feitos.
A orixe de dito verquido foi denunciada ante a Policía Autonómica e tamén ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para que fora inspeccionada por parte da administración, e solicitando información sobre as medidas que se están a adoptar para pór fin a unha grave situación ambiental á que está sendo sometido o río Miño e a imposición das sancións que corresponda.
Dende Amigos da Terra agardamos que as consecuencias xurídicas de tales vertidos non traspasan a imposición dunha mera sanción económica que, en moitos casos, non posúe o carácter exemplarizante que é de esperar deste tipo de penas por feitos que ben deberan cualificarse como delitos ecolóxicos cuia penalización é maior establecéndose inclusive penas de prisión.