Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'Galeusca' e 'A ría non se vende'

Música de intervención en Arzúa e Cangas

La Troba Kung-Fu, O Sonoro Maxín e Sorkun estarán no 'Galeusca' arzuán; Kogito, Som do Galpom e Labregos do tempo dos Sputnik visitarán A Tiradoura.

Redacción - 11:28 18/10/2008

En Arzúa os concertos comezarán ás dez da noite. Galegos, vascos e cataláns unidos pola música, con tres formacións orixinais e de calidade, que de seguro interesarán a todos aqueles que se acheguen até o Terractiva 2008. A cita é no Campo da Feira da vila.

Ademais de procederen territorialmente de ambos os tres países, os grupos do Galeuzca sempre se caracterizaron, e fano tamén nesta ocasión, por interpretar os seus temas case exclusivamente nos idiomas propios reivindicando da lingua e, por extensión, da cultura de cada un deles. No que respecta aos cataláns La Troba Kung Fú, Joan Garriga, logo de pasar oito anos como cantante e líder Dusminguet, ponse á fronte de La Troba Kung-Fú para seguir experimentando coa rumba catalana e con ritmos latinos como a cumbia. Nacidos en decembro do ano 2005, desde a súa orixe La Troba Kung-Fú dedicouse a sementar cancións que, logo da colleita, foi colgando gratuitamente cada quince días na súa web.

Para as e os festivaleiros e público galego en xeral, quen integra O Sonoro Maxín son vellos coñecidos, xa que anteriormente algúns deles pasaron por grupos como Lamatumbá, Mutenrohi ou Cinnamon gum, entre outros. Esta formación ourensana de recente creación anda á procura dun baile sen fin, segundo eles mesmos afirman.

A mediados dos noventa, a Sorkun propóñenlle entrar en Kashbad. Pouco despois gravan a primeira maqueta e é entón cando Fermín Muguruza os convida a tocar no Hitz Egin. Sorkun colabora con Negu Gorriak, Joxe Ripiau, Ekon, Flitter, etc... Logo de sete anos de grande disciplina e percorrer todo Euskal Herria, Cataluña e Galicia tocando, Kashbad decide parar para emprender novos camiños. En 2002 Sorkun decide probar sorte cun primeiro disco en solitario. Dous anos despois, no 2004, Fermín leva a directo o seu traballo In-Komunikazioa, contando con Sorkun para cantar como corista.

En Cangas, A Ría non se Vende
O Centro Social A Tiradoura acolle, a partir das oito da tarde do sábado, o concerto A Ría non se Vende, no que participarán Kogito, Som do Galpom e Labregos do tempo dos Sputnik, o dúo formado por Leo i Arremecaghona e García de DKTC. Pódese colaborar co colectivo cunha achega de cinco euros na entrada.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: