Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Recorda que "xa houbo leis de amnistía"

Manuel Fraga cualifica de "disparate" a decisión do xuíz Garzón

"Politicamente" é "un erro gravísimo" resucitar problemas do pasado, afirma o ex presidente da Xunta, ao respecto da investigación dos crimes do franquismo.

Redacción - 12:40 17/10/2008
Fraga, este venres / Foto: E.P.

Fraga, este venres / Foto: E.P.

O ex presidente da Xunta e fundador do Partido Popular, Manuel Fraga, cualificou este venres de "disparate" a decisión do xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón de se declarar competente para investigar os crimes contra a humanidade cometidos durante a Guerra Civil e o franquismo. Neste senso, Fraga recordou que "xa houbo leis de amnistía".

En declaracións aos medios de comunicación antes de asistir en Madrid a unha intervención do actual xefe do Executivo, Emilio Pérez Touriño, Fraga considerou que "politicamente" é "un erro gravísimo" resucitar problemas do pasado.


4,17/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: