Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FALLO

O Nobel de Economía é para Paul Krugman

Profesor en Princeton e colaborador do 'New York Times', é coñecido pola súa oposición aberta ás políticas económicas de Bush.

Redacción - 13:35 13/10/2008
Tags: Krugman Nobel

Paul Robin Krugman un dos economistas máis coñecidos actualmente en EUA é o novo Premio Nobel. Profesor en Princeton e colaborador do influinte xornal 'New York Times', Krugman está considerado como unha das principais figuras da escola neokeynesiana. Nos últimos anos, é coñecida a súa oposición frontal ás políticas do goberno Bush.

As teses de Krugman, moi seguidas polos sectores máis progresistas do Partido Demócrata, falan do moito que teñen que ver a economía e a política e denuncian “as falacias económica” que se agochan detrás de certos dogmas.

Mais a vida profesional do agora premiado tamén ten episodios polémicos. Os seus detratores lembran que Krugman traballou como asesor para a empresa Enron, que en 2002 protagonizaría un sonado escándalo que rematou en creba. Pola contra, os seus partidarios sinalan que Krugman non tivo nada que ver coas irregularidades.

Nos últimos anos destacaron os seus traballos sobre as crises económicas e cambiarias. Krugman considera que todas as economías están expostas a recesións de dimensións impredecíbeis.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: