O formato de edición musical continúa co seu acelerado proceso de cambio e agora tócalle iniciar o seu camiño na vía dos reproductores de MP3. "SlotMusic" é o nome elixido para esta nova forma de editar música.
Música en pequeno formato
E é que as memorias flash xa son as máis utilizadas para almacenar contidos musicais, iso si, na maioría dos casos de forma ilegal.
Con este panorama, SanDisk, o xigante das tarxetas de memoria, vai por á venda en tendas discos completos de música dentro de tarxetas flash de 1GB de memoria e sen restricción de memoria.
Compañías como EMI, Sony BMG, Universal ou Warner xa lle amosaron o seu interese polo formato de SlotMusic.
Malia que aínda non conseguiron desbancar ao DVD, as tarxetas de memoria flash, grazas á súa facilidade de uso e reutilización estanse a converter no formato ideal para o transporte de documentos, a reproducción de música e vídeos e mesmo como disco duro ampliable doutros dispositivos (cámaras dixitais, consolas, móbiles...).
Aproveitando isto, SanDisk uniuse a varias compañías discográficas (que serán as encargadas de encher as tarxetas de contidos) para vender música en formato de tarxeta MicroSD.
Outra das vantaxes deste novo negocio será a posibilidade de cortar, copiar ou borrar as cancións que veñan incluídas na tarxeta musical. E todo isto por un prezo que podería ir dos 5 aos 7 euros.
Desta maneira, por unha cantidade de diñeiro non moi alta, os usuarios disporán dunha tarxeta de memoria de 1 GB que poderán empregar directamente nun móbil, un reproductor ou unha PDA.
FWWWRANDO