Os músicos galegos actúan esta semana no festival musical da vila catalá.
O Mercat de Música Viva de Vic enceta mañá a súa vixésima edición e conta de novo con presenza galega: Fran Pérez Narf e Manecas Costa levarán o venres 19 o espectáculo "Tótem", e Rosa Cedrón presentará o sábado 20 o seu último álbum "Entre dous mares".
Tótem, de Narf (+ Manecas Costa)
Venres 19 de setembro, 00:00 h
Plaça dels Màrtirs | Vic
Entre dous mares, de Rosa Cedrón
Sábado 20 de setembro, 21.30 h
Plaça de la Pietat | Vic