Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Temporada de tormentas tropicais

O oriente de Cuba xa sente a forza de 'Ike'

Máis dun millón de evacuados, chuvias intensas e casas e cultivos arrasados é o balance polo momento. O furacán chega á illa logo de causar 61 mortes en Haití.

Redacción - 13:30 08/09/2008

Despois de deixar un saldo de 61 mortos en Haití, o furacán Ike chegou a Cuba, onde obrigou a evacuar a máis dun millón de persoas. Deixando tras de si fortes inundacións por mor das xigantescas ondas e das intensas chuvias, o ciclón arrasou casas, tendidos eléctricos e cultivos na zona oriental da illa.

Pouco despois da súa chegada, o furacán perdeu forza e baixou a categoría 2. Agora avanzará por todo o territorio cubano para saír este martes polo noroeste cara ás costas estadounidenses, segundo o último informe do Centro Nacional de Furacáns (NHC) de EUA. Antes, podería afectar ás catro mil plataformas do Golfo de México, que producen máis do 26% do petróleo estadounidense.

No seu avance por Cuba, Ike podería descender a categoría 1 (a máis débil na escala de intensidade); porén, os meteorólogos non descartan que recupere a categoría 3 a medida que se achegue ao Golfo de México.


Ligazóns

5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: