Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
RESULTADOS PROVISIONAIS

O gobernamental MPLA obtén máis do 80% dos votos en Angola

Aínda que as xornadas de votación estiveron exentas de violencia, a oposición considera que houbo numerosas irregularidades.

Redacción - 11:50 07/09/2008

Os primeiros resultados oficiais das eleccións lexislativas angolanas (con case o 50% do voto escrutado) danlle ao Movimento Popular de Libertação de Angola (MPLA) unha máis que ampla vitoria (81,73%). O principal rival desta formación, a UNITA (União Nacional para a Independencia Total de Angola) tería pouco máis dun 10% dos apoios. Os datos avanzounos o voceiro da Comissão Nacional Eleitoral de Angola, Adão de Almeida, aínda que se espera que o escrutinio final aínda se demore durante horas.

Os comicios non estiveron exentos de polémica. Ademais da UNITA, que reclamou que se impugnase o proceso na capital Luanda, a eurodeputada socialista portuguesa Ana Gomes subliñou que as reclamacións de diferentes grupos da oposición son “lexítimas” e falou de episodios de “desorganización” durante o proceso.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: