Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DÁ POR PECHADA A POLÉMCIA

Quintana corrixe a Lobeira: O Plan Acuícola é un proxecto de todo o Goberno

O vicepresidente considera que as declaracións do deputado nacionalista foron "excesivas" e subliña que, unha vez aprobado, ten que asumilo todo o Executivo.

Redacción - 18:50 05/09/2008

Poucas horas despois de que o deputado nacionalista Bieito Lobeira advertise publicamente de que “o BNG non é o pai da criatura”, en referencia ao Plan Acuícola, o vicepresidente, Anxo Quintana, dixo todo o contrario ao afirmar que, unha vez aprobado no Consello da Xunta, é un proxecto de todo o Goberno. Quintana considerou que as declaracións de Bieito Lobeira sinalando que os departamentos ían depurar o plan na medida das súas competencias foron “excesivas”. Para o vicepresidente, as palabras de Lobeira debéronse ao seu “estado de ánimo polos ataques persoais sufridos”.

Quintana foi moi contudente diante dos xornalistas ao dar por “pechado o conto”. O vicepresidente garantiu que ningunha consellaría vai boicotear os proxectos acuícolas. O conselleiro de Industria corroborou as palabras do líder do BNG ao afirmar que o seu departamento emitirá informes de cada proxecto atendendo á legalidade e “sen ningún tipo de interferencia”.


3/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: