Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PATERNIDADE

Un xornal marroquí asegura que Aznar deixou preñada unha ministra francesa

L'Observateur dá por seguro que o ex-presidente do goberno español é o pai do fillo que espera Rachida Dati, responsábel do ministerio de Xustiza galo.

Redacción - 18:10 03/09/2008
Esq: José María Aznar, Dta: Rachida Dati

Esq: José María Aznar, Dta: Rachida Dati

Un semanario electrónico marroquí, L'Observateur, asegura que o anterior presidente do goberno español, José María Aznar, é o pai da criatura que agarda a ministra francesa de Xustiza, Rachida Dati. A política, de orixe magrebí, solteira e de 43 anos, non quixo facer pública a identidade do pai, sobre a que especulan diversos medios do país galo.

L'Observateur cita "informacións fidedignas" que lle atribúen a paternidade a Aznar, e fai un repaso ao currículo da ministra.

Desmentido e accións legais
José María Aznar xa lles ordenou aos seus avogados que estuden accións legais contra os que afirmaron que é o pai do fillo de Dati. Ao se coñecer a nova, o ex-presidente do goberno español emitiu un comunicado onde asegura que son unha "total e completa falsidade" os "rumores aparecidos nalgún medio de comunicación".


4,64/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: