Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
POR 486 MILLÓNS DE DÓLARES

Microsoft faise coa páxina de comparación de prezos Ciao

A empresa estadounidense anunciou a compra de Greenfield Online, propietaria de Ciao por un total de 486 millóns de dólares.

Redacción - 13:13 01/09/2008
Ciao pasa ás mans da multinacional americana

Ciao pasa ás mans da multinacional americana

A páxina web Ciao ofrece servizos de comparanza e valoración de produtos realizados polos propios usuarios e opera en sete países europeos, entre eles, España.

Para Microsoft, esta compra significa a creación dun motor de búsqueda máis agradable para o consumidor e que se orienta cara os resultados.

Ademais a compra de Ciao permitiralle ó xigante norteamericano elevar a cota de mercado do seu buscados de Internet en Europa, que na actualidade é dun 2%, moi alonxado dos seus competidores de Google e Yahoo.

Pola súa banda, para Greenfield Online a sinatura do acordo de venda sérvelle para proporcionarlles aos seus accionistas un valor engadido adicional.

FWWWRANDO


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: