Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Discriminación sexual

Portugal é o segundo país da UE con maior diferenza salarial entre homes e mulleres

Os primeiros gañan un 25,4% máis cás segundas, namentres que a media europea é do 15,9%. En todos os estados rexistráronse datos negativos.

Redacción - 12:15 22/08/2008
Os homes gañan máis cás mulleres en toda a UE

Os homes gañan máis cás mulleres en toda a UE

Portugal é o segundo país da UE con maior diferenza salarial entre sexos, segundo o informe anual 2007 da Fundación Europea para a Mellora das Condición de Vida e de Traballo (Eurofound) sobre aumentos salariais nos Vintesete.

A media europea sitúase no 15,9%. Porén, os portugueses gañan un 25,4% máis cás portuguesas. Tan só en Eslovaquia, cunha diferenza salarial do 26,9%, se rexistra un dato peor. Séguenlles na listaxe Estonia, República Checa, Chipre, Alemaña, Holanda e Finlandia, que superan o 20%.

Eslovenia ofrece o menos malo dos datos. No país balcánico, os homes gañan un 6,9% máis cás mulleres. No entanto, segundo o relatorio, en todos os estados membros existe en maior ou menor medida a desigualdade salarial entre sexos.

Evolución dos salarios
Entre outros aspectos analizados polo Eurofound está tamén o da evolución dos salarios reais entre 2003 e 2007. No grupo de estados onde o aumento foi menor do 1% aparecen o portugués, o español, o luxemburgués, o italiano, o francés e mais o danés.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: