A monfortina permanece grave, pero aínda non ten noticias da súa filla, que viaxaba con ela.
María Loreto G. C., veciña de Monforte de Lemos atópase entre os 19 superviventes do accidente de avión que se rexistrou este mécores no aeroporto de Madrid-Baraxas, mentres que a súa filla Clara D. G. permanece desaparecida.
Aínda que, segundo lle confirmou a Europa Press o rexedor monfortino Severino Rodríguez, a muller “está ben”, o último parte médico que facilitou a Consellaría de Sanidade de Madrid sinala que a monfortina aínda se atopa no complexo hospitalario Ramón y Cajal con prognóstico grave. A supervivente do sinistro presenta traumatismo craneoencefálico e torácico con neumotórax, á parte de fracturas nas pernas.
O rexedor de Monforte indicou que se atopa en contacto coa familia das mulleres, que pediu que non fose molestada, e ofrecéulles a súa axuda e colaboración para o que precisen.