Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
COMEZA O SALÓN DO CÓMICA DA CORUÑA

A realidade social tamén colle nos cadriños

Segundo Miguelanxo Prado, nesta edición o evento afástase do mercado e céntrase na banda deseñada máis "comprometida".

Redacción - 11:15 11/08/2008

"Nesta edición o salón está xa maduro e abandona os condicionantes máis pegados ao mercado e ao consumo para fixar a atención neses problemas de profundo calado social". Deste xeito definiu Miguelanxo Prado, director de 'Viñetas desde o Atlántico', a nova edición do salón, que se inaugura este luns e que chegará até o vindeiro domingo. Así, varias das exposicións e das ponencias xirarán ao redorv do alzheimer, o autismo, o fenómeno crecente dos 'avós coidadores' e o cambio climático. En concreto, Paco Roca, 'Arrugas', compón "unha visión real e tenra" ao redor da enfermidade do alzheimer; e a mostra 'O planeta fálanos', un proxecto gráfico que aborda o problema do cambio climático.

Outra das novidades é o cambio de espazos, pois o Salón abandona a súa tradicional localización no Kiosko Alfonso, para ter como sede central a Fundación Caixa Galicia. Este cambio, excepcional, está motivado pola organización da mostra de Afonso IX sobre o 800 aniversario da cidade no primeiro espazo. Pero ademais, o Salón multiplícase, levando as súas exposicións a media ducia de lugares na cidade: o Palexco, o Palacio Municipal de María Pita, a sala de exposicións Salvador de Madariaga ou o Aquarium Finisterrae.

Entre os artistas que participarán no Salón destaca F. Solano López, un arxentino "mestre de debuxantes", cunha retrospectiva de 'O Eternauta'; o británico Mark Buckingham, debuxante habitual de sériea 'Fábulas' e recente premio Eisner ao mellor debuxante; o estadounidense Howard Cruse, autor de 'Stuck Rubber Baby' e 'Wendel'; e a parella formada por Catel Muller e José Louis Bocquet, creadores de 'Kiki de Montparnase'. Ademais acudirán a 'Viñetas' Luc Brunschwig e Etienne Lle Roux, autores de 'A memoria dos petos'; e o francés de orixe libanesa Olivier Ka co seu álbum 'Por que matei a Pierre', unha historia autobiográfica "formalmente exquisita" sobre a memoria dun personaxe que sufriu abusos na súa infancia.

Entre os autores do Estado que se achegará á Coruña chama a atención a presenza de David Aja e Daniel Acuña. Aja, nos seus inicios ilustrador de publicacións periódicas, comezou a traballar para Marvel en 2006 cun par de historias curtas de 'X-Men', editorial na que continúa actualmente. Acuña é o creador de 'Claus&Simon' e actualmente traballa tamén para Marvel, onde se encarga de 'Os Eternos' e 'DC'.


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: