Case sete mil persoas asistiron ás representacións do 'Kiosko das Almas Perdidas', do Centro Coreográfico Galego.
O Kiosko das Almas Perdidas bota o pecho este 25 en Ribadavia. Será a derradeira representación neste ano do espectáculo dirixido por Roberto Oliván e que conta coa interpretación musical en directo de Mercedes Peón, unha obra que foi vista xa por máis de 6.500 espectadores. En total foron 29 representacións, incluído 8 fóra do país: Xixón, Cádiz, Reus, Sevilla, Málaga, Viseu, Ponferrada e Barcelona.
Un dos obxectivos do proxecto era a captación de espectadores para a danza, a través da utilización de novas linguaxes escénicas que mesturan distintas disciplinas e que conectan sobre todo co público xove. De xeito paralelo á xira organáronse diferentes actividades formativas vinculadas ao espectáculo, nas que se conseguíu involucrar a 1.400 alumnos e alumnas.
Ademais, o Centro Coreográfico Galego levou a cabo unha intensa actividade formativa e artística en distintos formatos e para destinatarios específicos. Iniciativas como ensaios abertos, clases maxistrais e talleres, congregaron ao longo de 10 meses un total de máis de 9.000 persoas, entre profesionais da danza e público xeral. A actividade formativa máis destacada foi a organización na illa de San Simón o pasado mes de xuño o Mov´s, encontro itinerante promovido polo Mercat de les Flors de Barcelona, no que participaron máis de 200 persoas.
Finalmente, o CCG completou a súa actividade coa coprodución de tres espectáculos: Negro, con Daniel Abreu; Tradicción, con Nova Galega de Danza; e Femenine, con Paulo Ribeiro.