Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
OS ORDENADORES WINDOWS SEN ACTUALIZAR TARDAN 4 MINUTOS EN SER INFECTADOS

Ou te actualizas ou te infectas

Non ter actualizado o Windows implica que un virus ou un programa espía tarde menos en infectar o ordenador.

Redacción - 12:18 17/07/2008
Perigo de infección

Perigo de infección

Os expertos en seguridade informática recomendan actualizar o máis a miúdo posible os programas operativos para manterse a salvo dos virus e os espías, xa que os fabricantes, como Microsoft, crean de forma constante parches que pechan as vulnerabilidades do programa.

Se non se instalan estas actualizacións, os ordenadores quedan expostos a un gran perigo, posto que, segundo o SANS Institute, as copias non actualizadas son infectadas en menos de catro minutos.

E é que o programa non actualizado tarda menos en ser infectado que en detectar, descargar e instalar as actualizacións que precisa para manterse a salvo.

Ademais, recoméndase ós usuarios que cando se conecten a Internet cun sistema operativo sen as novidades precisas, se usen cortalumes, pois no proceso de actualización a máquina é vulnerable ós ataques dos virus.

FWWWRANDO


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: