Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ATÉ este 16 DE XULLO

A pique de rematar o prazo para presentarse a A Polo Ghit

O 2 de agosto coñeceranse os dez finalistas do concurso, cinco elixidos polo público e outros cinco polo xurado.

Redacción - 14:00 15/07/2008

Cada vez falta menos para que se complete, definitivamente, a lista de temas participantes en A Polo Ghit. O mércores 16 será o último día para recibir candidatas a canción do verán. Este ano, a diferenza do anterior, e felizmente, os artistas foron enviando as súas propostas de xeito escalonado e evitaron precipitarse e deixalo todo para o último día.

Lembramos que poden participar grupos ou solistas de todo o mundo, con cancións gravadas de creación propia que teñan a letra en galego. As cancións poden ter calquera temática, sempre que estean orientadas a un ghit estival, e teñan un mínimo de calidade acústica e musical.

Débense enviar dúas copias: unha a Vieiros e outra á Radio Galega, ben sexa a través do correo electrónico (apologhit-arroba-vieiros.com e extrarradio-arroba-crtvg.es) ou do postal, aínda que xa practicamente non dará tempo a empregar esta última opción.

As últimas cancións recibidas subiranse á web, como cada semana, o sábado pola mañá. Poderase seguir votando até fin de mes. O 2 de agosto coñeceranse os dez finalistas, cinco escollidos entre os máis votados polo público e cinco polo xurado. Nese momento abrirase outro período de votacións até o 13 de agosto. O sábado 16 coñecerase que tema representará a Galiza en Luleå.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: