Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Non ratificará a Carta Europea das Linguas

O Parlamento francés dá marcha atrás no respecto ás linguas minorizadas

A marcha atrás chega despois de que o Senado frease o pronunciamento inicial argumentando entre outros que se atacaba "a unidade nacional".

Redacción - 09:00 09/07/2008

Catalán, éuscaro, bretón ou corso seguen sen contar co favor da lexislación francesa. A última noticia ao respecto é que as linguas minorizadas non serán recoñecidas no primeiro artigo da Constitución na reforma prevista, senón diluídas na espesura dun dos apartados do artigo 75.

Un trasacordo que chega ademais despois de que o Senado eliminase a emenda aprobada en maio pola Asemblea onde se recoñecía que as linguas "rexionais" eran parte do "patrimonio" de Francia. Nun axitado debate, onde houbo desde pronunciamentos que deixaban a lingua nunha categoría patrimonial apenas equivalente á dos produtos gastronómicos ou a belixerancia dos que advertían dos perigos para a "unidade nacional", os representantes franceses volvían atrás nas expectativas inicialmente creadas.


1/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: