Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NAS CIDADES

Pretenden despregar redes wifi a través dos quioscos

O sistema, que está a experimentar a empresa Gowex en Madrid, podería solucionar os atrancos legais ás redes públicas.

Redacción - 09:00 07/07/2008

Unha empresa pretende levar cobertura wifi ás cidades a través dos quioscos de prensa. Gowex asinou un acordo coa Asociación de Vendedores de Prensa para que ofrezan o servizo os comerciantes interesados. Cada quiosco ofrecería unha cobertura de arredor de 600 metros á redonda, co que se garantiría unha cobertura bastante ampla.

Aínda que polo momento só hai unha ducia de estabelecementos unidos á iniciativa, a empresa conta con que a finais do outono haxa uns 400 quioscos con wifi. Até agora, os proxectos para levar a internet sen fíos e de balde ás cidades colidiron cos intereses das operadoras, polo que non había practicamente iniciativas neste senso. A campaña experimental estase a levar a cabo en Madrid.

O servizo terá prezos diferentes segundo o uso que se faga del. Así, podería ser gratuíto nos casos das persoas que vaian usar a conexión de xeito limitada ou accedendo a servizos con publicidade asociada. O uso sen restricións poderíase facer mediante unha tarifa plana de entre 10 e 15 euros ao mes.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: