Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'KALDARTE 08', DENDE O 5 DE XULLO

Os rapaces de Belas Artes volven por Caldas...

Trátase dun proxecto de experimentación artística sobre o espazo público realizado por artistas novos, moitos deles estudantes en Pontevedra.

Redacción - 12:00 23/06/2008

Pódese considerar que Kaldarte é o escenario de produción de arte pública efémero máis emerxente de Galiza, sendo á súa vez unha actividade pioneira na forma en que se desenvolve e expón. Naceu como un apartado específico dentro dun programa de escultura para espazos públicos. Naquel mes de xullo de 1997 celebrouse a primeira edición do festival de arte pública efémera de Caldas, realizado por alumnos e profesores da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Aquela idea orixinal de Afonso Palmeiro, Jesús Hernández e Andrés Pinal consolidouse e chega xa á súa undécima edición. Este ano a mostra estará coordinada por dúas artistas moi novas, Lucía Romaní e Vanesa Díaz, e preséntase baixo o título xenérico de 'no nexo'. En total exporanse trece obras, as máis delas realizadas por alumnos de Belas Artes de Pontevera, pero tamén por artistas consagrados como Fernando Sánchez Castillo ou Marta Fernández Calvo.

Un dos obxectivos é empregar o espazo público como lugar para a presentación dunha serie de obxectos ou accións artísticas significantes que entren en relación directa co espectador. O outro é a interacción cos espectadores, cos habitantes de Caldas, que manifestarán a súa opinión, positiva ou negativa sobre as obras. Será obxectivo, situar ao artista ante o rexeitamento total sen crítica premeditada, ou ben ante o beneplácito directo do espectador da pié, sen que existan intermediarios que contaminen a relación arte-pobo: "as reaccións non teñen por que ser caritativas ou gratificantes, como adoita ocorrer no seo do sistema artístico, onde a ausencia de crítica e a validez transfórmase en absolutismo". A rexeneración dos espazos urbanos, é o terceiro grande obxectivo de Kaldarte.

A montaxe na rúa iniciaráse o 30 de xuño e as obras inauguraránse o 5 de xullo. Kaldarte celébrase en paralelo ao Festival Cultura Quente, que encherá Caldas de música o 11 e 12 de xullo.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Dúas das intervencións de edicións anteriores de Kaldarte
Dúas das intervencións de edicións anteriores de Kaldarte
Lucía Romaní
Lucía Romaní