A poboación curda conseguiría á fin espazos propios na televisión pública turca.
Foron tres semanas de discusión parlamentaria, até que a cámara turca decidiu á fin darlle a beizón esta semana á lei que permitirá que a canle pública do país, a Corporación de Radio e Televisión Turca, TRT, teña autorización para emitir programación en linguas diferentes ao turco.
Na práctica, trátase dunha decisión que abre a porta á inclusión de espazos televisivos que usen a lingua curda. Isto motivo un acendido debate, onde o Partido do Movemento Nacionalista, MHP, mantivo unha belixerante postura, contraria á vontade do goberno de dar este paso. Así e todo, o contido específico desta programación será estreitamente controlado polo ente público turco, así como a contratación dos traballadores. A lei de feito, abre tamén a porta para poderen incorporar na TRT empregados que non teñan a nacionalidade turca.