Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ESTÁNDARES

A ISO frea a aprobación do formato de documentos de Microsoft

Brasil, Venezuela, India e Sudáfrica deciden revogar o seu voto positivo a prol da normalización do OOXML.

Redacción - 12:00 15/06/2008

A ISO, oficina internacional de certificación encargada de darlle o visto e prazo ás normas internacionais, anunciou que revisará a estandarización do OOXML, formato creado por Microsoft que aspira a se converter no máis estendido á hora de crear documentos. O organismo xa lle dera o visto e prace ao formato Open Document, que usa software libre como o OpenOffice.org.

A apelación presentada por catro delegacións, as do Brasil, Venezuela, India e Sudáfrica, que decidiron reverter o voto positivo que emitiran no mes de marzo, provocou a suspensión do trámite, polo que, de momento, queda máis lonxe a obtención do certificado ISO para o OOXML.

Até o 30 de xuño, os representantes internacionais teñen a posibilidade de presentar apelacións. Agora os consellos de administración da ISO terán que resolver esas reclamacións, o que pode levar varios meses máis.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: