Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PLANO DE CAPACITACIÓN TIC

Mancomún impartirá cursos a empresas para que implanten o Software Libre

A primeira fase experimental desenvolverase en Compostela con quince compañías para despois aplicalo ao resto do país.

Redacción - 17:00 09/06/2008

Mancomún, Centro de Referencia e Servizos de Software Libre, prepara un curso de capacitación para empresas TIC co obxectivo de facilitarlles que desenvolvan proxectos de implantación do Software Libre. Esta semana abriuse o prazo de inscrición para a primeira fase piloto do seminario, que se desenvolverá do 13 de xuño ao 19 de xullo en Compostela.

O Plano de Capacitación TIC en Software Libre servirá, na súa primeira edición, para analizar os resultados e despois aplicalo no resto do país, no último trimestre do ano. O curso servirá como complemento e estará baseado no DVD de Ferramentas informáticas para pemes que presentou Mancomún o pasado mes de novembro.

Durante a fase experimental farase unha avaliación dos contidos do disco, que poderían sufrir variacións en función das opinións das empresas participantes no curso. A actividade desenvolverase en sesións intensivas de 4 ou 5 horas, para conciliar a vida laboral e familiar, os venres pola tarde e os sábados durante todo o día. Dividirase en dous módulos subdivididos en bloques, cun total de 56 horas: un primeiro módulo introdutorio, para directivos, e un segundo, sobre a implantación e soporte de servizos básicos en Software Libre, para persoal de perfil técnico. Para estender a formación ao maior número de empresas posíbel, só asistirá unha persoa por compañía a cada un dos módulos.

A primeira fase está limitada a quince empresas, que poden solicitar a súa participación seguindo as indicacións da web de Mancomún.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: