Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
OBSERVATORIO FRANCESC CANALS

Un estudo amosa España como o primeiro estado xerador de boatos na rede

Os máis atractivos refírense á sucesión de cargos políticos e os relativos á vida dos famosos

Redacción - 11:44 03/06/2008

España consolidouse como o primeiro país produtor mundial de rumores por internet, ao orixinar máis do 70 por cento dos rumores que na actualidade circulan pola rede, segundo un estudo do Observatorio de Internet Francesc Canals.

O estudo asegura que os rumores máis activos no primeiro semestre de 2008 foron de tipo político, relativos a sucesión de cargos públicos, escándalos e dimisións; de elite, relativos á vida dos famosos; 'spam' con carga vírica; de tipo comercial, que afectan á imaxe dunha empresa ou marca comercial; e de atentados e catástrofes inminentes, moi en boga coa moda do cambio climático.

Neste estudo, o observatorio subliña que o anonimato preponderante na rede, a transnacionalidade da información e a capacidade de propagación propia do medio "permitiron que moitos rumores dispuxesen de maiores medios para divulgarse entre a sociedade".

O estudo sinala que na rede divúlganse rumores con infinidade de formatos, sendo o máis usual os que chegan ás contas de correo a través de 'spam', e realiza unha clasificación dos rumores: transversais, que se serven doutros medios de comunicación; punisher, que comporta todo tipo de consecuencias negativas para a vítima do mesmo; estacionais, relacionados cun acontecemento ou data; troll, para afectar a credibilidade dunha persoa ou organismo; delituosos, co obxectivo de enganar ás vítimas; históricos, relacionados con sucesos da historia, e transnacionais, que traspasan fronteiras.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: