Nun comunicado en Gara, acusa ao PNV de estar “xogando” co PSOE e asume os últimos atentados.
ETA non quere a consulta popular que propón o lehendakari Juan José Ibarretxe e cualifica a iniciativa como “fraude vestido de reforma autonómica”. O texto que publica este venres o diario Gara está datado a 26 de maio. A organización armada ataca ao PSOE e ao PNV acusándoos de ser cómplices dun “xogo”.
ETA insiste en que “só un marco democrático que dea unha resposta adecuada ás claves da autodeterminación e da territorialidade vainos poñer no camiño para resolver o conflito”. No comunicado asume os últimos atentados, tamén o que lle custou a vida ao axente Juan Manuel Piñuel.