O CPEIG organiza a actividade e creará unha lista de profesionais especializados en temas forenses do país.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vai abrir unha nova oportunidade laboral para os seus asociados: a peritaxe e a informática forense. Para iso, pretende poñer en marcha unha lista oficial de peritos. O primeiro paso darao os días 30 e 31 de maio, cun seminario que se vai desenvolven en Compostela.
Durante dúas xornadas, estarán no Hotel Porta do Camiño a avogada Cristina Nebot, o perito informático Eduard Elias e mais os enxeñeiros en informática Diego Benítez e Juan Otero, que participarán nunha mesa redonda. O obxectivo do seminario é formar os participantes no funcionamento da xustiza e no seu vocabulario, ademais dos coñecementos prácticos do que significa facer unha peritaxe xudicial na área da informática.