Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Dende hai 64 anos

Franco aínda copreside a Deputación de Lugo

A institución provincial mantén en vigor a presidencia de honor que se lle concedeu ao ditador en 1944 e 1945, ademais doutras distincións.

Redacción - 18:30 27/05/2008
Franco, de caza

Franco, de caza

Case 33 anos após a morte do ditador, Francisco Franco Bahamonde segue a conservar o título de presidente honorario da Deputación Provincial de Lugo, que lle foi concedido en 1944, e, por se non quedara claro, ratificado un ano a seguir, nunha xuntanza na que era ese renomeamento o único punto do día.

Alén deste título, Franco conserva unha chea de distincións e mencións entregadas pola institución provincial durante a década dos corenta e cincuenta que tampouco foron retiradas aínda, como a medalla de ouro da provincia.

Así o describe o xefe de protocolo da Deputación, Juan Carlos Fernández Pulpeiro, nun traballo publicado no último número da revista Lucensia (coeditada pola Biblioteca do Seminario Diocesano de Lugo e a Fundación Caixa Galicia), no que se inclúe unha listaxe de persoas distinguidas pola entidade nos seus case 173 anos de historia.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: