Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
CONSORCIO AUDIOVISUAL

As actrices e actores de dobraxe van de obradoiro

A actividade, que comezará o 6 de xuño, será a segunda fase, despois da dedicada a tradutores e directores.

Redacción - 17:45 24/05/2008

O Consorcio Audiovisual, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e APRADOGA convocan a segnda fase do obradoiro de dobraxe, esta volta destinado a actrices e actores. As clases comezarán o 6 de xuño, despois dunha primeira fase dedicada a tradutores, lingüistas e directores.

O obradoiro ten como obxectivo actuar a prol da normalización e normativización da lingua a través da dobraxe. Por iso, no curso prestaráselle atención a aspectos lingüísticos, como a fonética, a entoación e a voz, ademais da propia interpretación.

A duración do obradoiro será de 32 horas, do 6 ao 27 de xuño na Sala Audiovisual do Centro Multimedia de Galicia, e será impartido por Elisa Fernández Rei, doutora en Filoloxía Galega; Marisa Lois, médico foniatra; Ramón Novo, asesor lingüístico da TVG; Xosé Luís Regueira, doutor en Filoloxía Románica e Sonia Varela, licenciada en Filoloxía Galega.

As inscricións pódense facer a través da web do Consorcio Audiovisual. O número máximo de prazas é de 20, das que até 10 están reservadas a socios de APRADOGA.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: