Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O RUÍDO OU A ACTUALIDADE? A ESCORIA OU A INFORMACIÓN DE CALIDADE?

Noise or news?

O blogueiro Robert Scoble saca os pés do testo dicindo que se interesa máis polo ruído que pola información veraz. As webs de calidade (Wall Street Journal, New York Times ou Google News) conságranse á actualidade

Redacción - 13:42 20/05/2008
Robert Scoble

Robert Scoble

Só publican nas súa páxinas aquilo que foi filtrado por equipos de profesionais. Permiten seguir o que pasa no mundo "pero non se aprende nada fascinante, de molesto, de novo", di o citado blogueiro. A páxina de Twitter está chea de ruído. Pero, foi seguindo a información de Twitter que descubriu a gravidade do terremoto en China... incluída Google News non deu conta del ata 45 minutos máis tarde.

É en Twitter e FriendFeed que se descobre o que estremece, o que se move, o que pasará a ser información de calidade mañá.

Os xornalistas tíranse ao ruído, di Robert Scoble... nos cócteles para os tradicionalistas, sobre os webs de "conversacións" para o máis conectados á actualidade.

"A actualidade está no ruído". É por iso que Twitter é irreemplazable para os xornalistas. Non hai mellor lugar para atopar o ruído... perdón, a actualidade", explica Robert Scoble.

É necesario ir aínda máis lonxe. Os xornalistas non son os únicos en interesarse polo ruído. Existe un número crecente de lectores, imperceptible e latexante que está pendente deste movemento que dá sentido á información e a transmite.

A audiencia non só coñece moitas veces a priori a información que dan os xornalistas, senón que estes beben dos datos dos que a propia audiencia informa.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: