Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
DECLARACIÓNS DE RAFAEL UZCÁTEGUI SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN DO PPT

Patria Para Todos dubida da pertenza do ordenador de Raúl Reyes

Ademais, denunciou a agresión da que foi victima en días pasados Bella Petrizzo, candidata dese partido á gobernación do estado Portuguesa.

Redacción - 11:18 20/05/2008

Rafael Uzcátegui, Secretario Nacional de Organización de Patria Para Todos (PPT), na rolda de prensa semanal desta organización política, denunciou, en primeiro lugar, a agresión da que foi victima en días pasados a candidata dese partido á gobernación do estado Portuguesa, Bella Petrizzo. Asemade dubidou da pertenza do ordenador que o goberno colombiano atribúe a Raúl Reyes e asegura que todo é a construción dun discurso mediático.

Con Quitáronlle o vehiculo, as pezas e foi ameazada, non en termos delituosos, senón máis ben electorais, sinalándolle que non continuase coa súa candidatura a esa entidade. Verbo as recentes eleccións presidenciais realizadas en República Dominicana, Uzcátegui informou que a Concelleira e precandidata á Alcaldía do Municipio Libertador de Caracas, Andrea Tavares, asistiu en calidade de observadora aos comicios, ademais expresouse compracido pola reelección do dirixente do partido Liberación Nacional, Leonel Fernández, a quen saudou xunto ao seu pobo. Dentro das próximas actividades que ten pautado realizar esta organización política atópase o Foro Nacional Ideas Para Gobernar, no cal preténdese presentar formalmente as candidaturas dos distintos candidatos que PPT ten a nivel nacional, Concellos, Concellos Rexionais Lexislativos e Gobernacións, e outras postulaciones de independentes e doutras organizacións apoiadas polos pepetistas. Este Foro llevarase a cabo o próximo día sábado 24, a partires das 9:00 da mañá.

En relación ao conflito colombiano, Rafael Uzcátegui sinalou que non existe certeza de que ese ordenador pertencese ao guerrilleiro, alcumado, Raúl Reyes ou que fora atopado no campamento das FARC, "O Estado colombiano cualifica o ordenador como pertencente a Raúl Reyes para ir construíndo un discurso mediático para unha futura agresión a cantos países considere". O que si é amplamente comprobado, segundo o voceiro de PPT, é a "condenábel" acción de penetración a territorio venezuelano por parte de grupos armados de Colombia, aínda que o goberno colombiano nega a incursión, "PPT condena esta incursión ilegal e considera que é un acto de provocación por parte de Uribe e da familia Santos para Venezuela". Para finalizar, Rafael Uzcátegui referiuse á substitución do voceiro oficial do PSUV, Müller Rojas, ante a Alianza Patriótica, "O problema non é o mensaxeiro senón a mensaxe".


1,8/5 (5 votos)