Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Este sábado

Hesbulá comeza a retirar as súas milicias das rúas de Beirut

Segundo un comunicado emitido pola organización, as rúas fican agora en mans do exército libanés.

Redacción - 19:10 10/05/2008
A TV pública, atacada polas milicias de Hesbulá / Imaxe: BBC

A TV pública, atacada polas milicias de Hesbulá / Imaxe: BBC

Nun comunicado emitido esta sábado, Hesbulá e os seus aliados no Líbano anunciaron que van pór fin a súa presenza militar en Beirut e que han permitir que o exército tome o control das rúas, despois de varios días de violencia que terminaron coa vida de, polo menos, unha trintena de persoas.

A decisión foi anunciada despois de que o exército libanés revocara varias medidas gobernamentais contra Hesbulá, que provocaron catro días de enfrontamentos e a toma violenta da cidade de Beirut occidental por parte de grupos chiís.

O anuncio de Hesbulá vai calmando unha situación que, segundo o Consello de Seguridade das Nacións Unidas, atópase ao borde da guerra civil.

A última hora das tenistas que onte quedaban retidas no Líbano
As tenistas Lourdes Domínguez, Marta Marrero e Eva Fernández, continún a xogar, a uns quince quilómetros da capital libanesa, un torneo internacional da ITF, mais han poder abandonar o país este domingo, se a situación non empeora nas vindeiras horas, pola estrada cara Damasco, segundo informacións da Embaixada española no Líbano.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: